Eliminación de acacias no Mandeo

Esta semana procedeuse á eliminación de varios pés de Acacia melanoxylon no Coto de Chelo, dentro de terreos de propiedade municipal do Concello de Coirós.

Esta semana procedeuse á eliminación de varios pés de Acacia melanoxylon no Coto de Chelo, dentro de terreos de propiedade municipal do Concello de Coirós. Esta árbore procedente de Australia, é unha das especies exóticas invasoras ( EEI) máis perigosas e prexudiciais para a biodiversidade de Galicia, xa que se atopa amplamente distribuída e ten unha gran capacidade de expansión.

DSC_0289

Esta planta tende a ocupar toda a superficie que ten ao seu alcance, formando masas moi densas e eliminando toda competencia baixos as súas copas, desprazando ás especies autóctonas e supoñendo un grave risco para o medio ambiente.

Durante a inspección previa ao desenvolvemento do noso plan de mellora ambiental da contorna do río Mandeo, detectamos a presenza de varios pés de acacia en terreos municipais, na zona de inundación do río e dentro da Zona Especial de Conservación ( ZEC) Betanzos- Mandeo. Recientemene obtivemos a autorización do Concello de Coirós para levar a cabo os traballos, que se realizaron durante esta primeira semana de marzo coa axuda e colaboración da gardería forestal @de la Xunta de Galicia.

DSC_0316

É importante eliminar este tipo de especies cando se detectan e atopan nun estado de expansión inicial, pois o esforzo para controlalas é moito menor e a eficacia á hora de erradicalas é máxima.

Na loita contra as especies exóticas invasoras ( EEI) a prevención é a mellor das estratexias, unha detección e eliminación temperá pode aforrar moito esforzo e recursos económicos, ademais de reducir o impacto futuro sobre os hábitats e as especies nativas.

No caso concreto desta actuación, cabe destacar que a situación das acacias en zona de inundación, supoñía un risco engadido ao servir o río de vector para as sementes, podendo expandir esta especie augas abaixo do lugar, o que aumentaba a urxencia e necesidade de levar a cabo esta acción de carácter preventivo.

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.