Área de actuación

Na actualidade centramos a nosa actividade na conservación e restauración dalgúns dos últimos bosques atlánticos termófilos que quedan en Galicia, os escasos bosques dos vales e canóns fluviais do Golfo Ártabro, na provincia da Coruña. Fundamentalmente actuamos nas concas dos ríos Eume e Mandeo, onde xa contamos con parcelas custodiadas da nosa rede de Áreas de Conservación.

BOSQUES DO MANDEO

Estamos a levar a cabo varios proxectos de conservación e restauración ambiental na conca baixa e media do río Mandeo, na provincia da Coruña, onde contamos con case 1 ha de superficie forestal privada custodiada, xestionada como Área de Conservación. O río e as súas ribeiras atópanse dentro do espazo protexido Zona Especial de Conservación ( ZEC) Betanzos- Mandeo, pertencente á Rede Natura 2000 e está incluído ademais a Zona Núcleo da “Reserva dá Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” declarada pola UNESCO.

mandeo1

Aquí, nas escarpadas ladeiras e barrancos que conforman o canón fluvial do río Mandeo, consérvanse algúns dos últimos e mellores fragmentos de bosque atlántico que quedan, formando un núcleo de ao redor dunhas 100 ha de bosque que sobreviven no corazón deste espazo natural. Á súa vez, o río Mandeo conforma un auténtico tesouro natural en si mesmo, pois se trata dun dos ríos mellor conservados de Galicia, con algunhas das últimas poboacións de salmón atlántico ( Salmo salgar), mexillón de río ( Margaritifera margaritifera) e uns bosques de ribeira moi ben conservados e cun alto grao de naturalidade, distribuídos de forma continua ao longo de varios km de río.

Para iso, preténdense conservar parcelas de bosque, conectar fragmentos illados mediante corredores ecolóxicos e recuperar novas zonas mediante a transformación de plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos en bosque nativo. Ademais, buscamos manter e mellorar as funcións e servizos escosistémicos que o bosque presta á sociedade, algúns deles fundamentais, como a regulación do ciclo hidrolóxico ou a fixación de carbono atmosférico.

dsc_0863

Estes bosques albergan un gran número de especies ameazadas e endemismos, atesouran un rico patrimonio natural, sendo refuxio para especies emblemáticas como o pequeno helecho Hymenophyllum tunbrigense, o endémico escaravello Carabus galicianus, o ameazado caracol de Quimper ( Elona quimperiana) ou a píntega rabilarga ( Chioglossa lusitanica), símbolo da nosa Asociación.

BOSQUES DO EUME

[En desenvolvemento]