Cres que a túa empresa é algo máis que unha fonte de recursos económicos? Entendes as empresas como parte activa da sociedade e pensas que deben ser partícipes da súa transformación e progreso? En ACEFGA temos esa convicción, pensamos que as empresas deben ser actores fundamentais do desenvolvemento económico, social e ambiental dunha sociedade, a través da filantropía e o mecenado. Dámosche a oportunidade de demostrar aos teus clientes a túa responsabilidade social e o teu compromiso ambiental.
Destinando unha parte dos beneficios ao noso proxecto, estarás a asegurar a conservación dun patrimonio único de toda a sociedade, mellorando a calidade de vida da contorna máis próxima e compensando a posible afectación que a actividade económica da túa empresa poida supoñer ao medio ambiente.
FAITE BENFEITOR
Converte á túa empresa en socia benfeitora de ACEFGA. Achegando unha cota periódica de 1, 2 ou 3 euros mensuais ou 50 e 100 euros anuais, a túa empresa será recoñecida como entidade benfeitora do noso proxecto. A partir de 50 euros anuais, recibirás o noso selo RSC de calidade ambiental, que poderás publicitar no teu negocio, documentos ou sitio web. Este selo recoñece o compromiso da túa empresa coa conservación dos escasos bosques atlánticos de Galicia e a compensación de emisións de CO2 e outros gases contaminantes.
Enche o formulario e convértete en parte do noso proxecto.
A túa empresa tamén pode facerse benfeitora facendo un donativo puntual de máis de 100 euros ao longo do ano, podes realizar un ingreso na nosa conta, unha transferencia bancaria, ou ben utilizar PayPal.
ABANCA | IBAN ES3620803103113040041596 | BIC CAGLESMMXXX
Conta a nome da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego (ACEFGA).
FAITE COLABORADOR
Para a realización das nosas actuacións e o desenvolvemento da nosa actividade, necesitamos material, asesoramento e outros servizos profesionais. Se tes unha empresa de traballos forestais ou enxeñería, es notario, deseñador ou publicista, provedor de materiais ou ofreces servizos xurídicos, de asesoría ou consultoría, podes sernos de axuda colaborando connosco de maneira altruísta.
Solicita información no apartado de contacto ou envía un correo a info@acefga.org.