Instálanse refuxios para morcegos e habilítanse charcas no Pico Sacro

Ao longo do 2019, continuose co noso labor no proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro, xunto á Asociación Forestal de Galicia e FSC. Unha das accións emprendidas foi a colocación de caixas-refuxio para morcegos, un grupo especialmente diverso e ameazado da nosa fauna autóctona. Instaláronse once caixas feitas con madeira certificada de castiñeiro. Habilitouse tamén … [ + ]

Xornadas de formación técnica e visitas no Monte Demostrativo do Pico Sacro

Nos meses de xaneiro e febreiro, Alejandro Álvarez en nome de ACEFGA participou no obradoiro técnico de certificación forestal e custodia do territorio ao abeiro do proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro. Así mesmo, realizouse unha xornada de carácter práctico con visita ás áreas de conservación. Os asistentes puideron coñecer as actuacións medioambientais planificadas … [ + ]

Acordo de custodia en terreos de produción de madeira certificada en Trabada

No mes de febreiro de 2019 asinouse un novo acordo de custodia para a xestión das zonas de alto valor ecolóxico e hábitats orixinais nas fincas certificadas FSC no concello de Trabada, Lugo. Nestes terreos, búscase o aproveitamento sostible dos recursos forestais conservando a biodiversidade nas denominadas ‘áreas de conservación’. A extensión custodiada acada unha … [ + ]

Conservamos a biodiversidade do bosque atlántico

Aproveitando a estiaxe de final de verán, comezamos os traballos de construción dun sistema de charcas permanentes nunha das Áreas de Conservación xestionadas por ACEFGA no Mandeo. Co obxectivo de crear un punto de reprodución seguro para os anfibios da zona, este espazo húmido servirá para outras moitas especies animais e vexetais da zona, mellorando … [ + ]

ACEFGA comeza a conservar no Eume

ACEFGA pecha o primeiro acordo de custodia para a creación dunha Área de Conservación no Parque Natural dás Fragas do Eume. Desde hoxe a Asociación ACEFGA xestiona unha parcela privada de case unha hectárea dentro dos límites do Parque Natural dás Fragas do Eume, no municipio de Monfero. A superficie está ocupada na súa totalidade … [ + ]