A XV Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego terá lugar o vindeiro día 29 de abril de 2023 en modalidade virtual, ás 12.30 horas en primeira convocatoria e ás 13.00 horas en segunda, para tratar os seguintes puntos:
ORDE DO DÍA
- Benvida pola Xunta Directiva.
- Ratificación da Orde do Día.
- Aprobación, se procede, da acta da XIV Asemblea Xeral Ordinaria.
- Aprobación, se procede, das contas do ano 2022.
- Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2023.
- Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2023.
- Aprobación, se procede, do plan de actividades.
- Rogos e preguntas.
Acceso á reunión (Google Meet)
Na Coruña, a 14 de abril de 2023.