Colabora connosco

Descobre como colaborar connosco e forma parte do proxecto ACEFGA. Axúdanos a conservar a natureza de Galicia, axúdanos a conservar o teu patrimonio natural e a túa calidade de vida.

FAITE SOCIO

A nosa Asociación finánciase en exclusiva dos donativos e as achegas privadas dos nosos socios e benefactores. Calquera persoa pode facerse socio de ACEFGA e colaborar de forma continuada co noso proxecto mediante unha cota periódica, poderás participar nas actividades programadas para socios e asistir ás Asembleas Xerais da Asociación. Podes colaborar a partir de tan só 1€ ao mes, pero existen cotas de 2 e 3 euros mensuais ademais de cotas especiais de 50 e 100 euros anuais. Indícanos calquera outra cifra coa que queiras colaborar.

Entra aquí, enche o formulario e convértete en parte do noso proxecto.

DOA

Se o desexas, podes achegar o teu granito de area de forma puntual, realizando unha doazón no momento e da cantidade que queiras. Pódese realizar mediante ingreso directo en calquera sucursal de ABANCA, realizando unha transferencia bancaria á nosa conta.

Aquí deixámosche os nosos datos bancarios para ingresos ou transferencias:

ABANCA | IBAN ES3620803103113040041596 | BIC CAGLESMMXXX

Conta a nome da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego (ACEFGA).

FAITE VOLUNTARIO

Necesitamos máis que financiamento, necesitamos persoas dispostas a traballar nas accións de conservación e restauración; recollendo lixo, eliminando flora exótica invasora ou plantando árbores. Se queres dedicar parte do teu tempo libre a traballar de forma voluntaria en contacto coa natureza, no corazón de espazos naturais de alto valor, axudando a conservalos e preservalos, colabora connosco.

Contacta connosco, avisarémosche cando fagamos actividades nas que participar.

IMPLÍCATE NA CUSTODIA

Buscamos terreos forestais de alto valor ambiental ou susceptibles de ser restaurados, se es propietario ou coñeces a alguén que poida estar interesado, non dubides en poñerche en contacto connosco. Podemos asesorarche, pechar un acordo de custodia e axudarche a xestionar o terreo ou podes cedernos a súa propiedade doando ou legando, mesmo se pode chegar a un acordo de compra-venda, o abanico de posibilidades é amplo.

COLABORA NO NOSO EQUIPO

Comparte as túas habilidades e coñecementos connosco, se es un profesional do sector ambiental, administrativo, económico, audiovisual ou calquera outro que poida resultar útil no noso proxecto, anímache a colaborar e entra no equipo técnico ou directivo de ACEFGA. Tamén podes achegar as túas habilidades persoais como independente, axudarnos nalgunha tarefa puntual ou asesorarnos, toda axuda é benvida.

Solicita información no apartado de contacto ou envía un correo directamente a info@acefga.org.