Misión e valores

Cremos nas persoas e as empresas como eixos transformadores da sociedade, elementos chave que deben ser algo máis que meros observadores. Deben ser parte activa e implicada do desenvolvemento humano e social para alcanzar un mundo mellor e unha sociedade máis próspera, xusta e libre. Cremos que o desenvolvemento económico e industrial non só é compatible coa conservación da natureza se non que pode e debe ser o camiño para mellorar a nosa contorna e calidade de vida, a través de ferramentas como a custodia do territorio, a responsabilidade social e a compensación ambiental das empresas.

PARTICIPACIÓN SOCIAL NA CONSERVACIÓN 

Pensamos que é necesaria a implicación e participación da sociedade civil no coidado do medio ambiente. Por iso, as persoas que formamos ACEFGA decidimos dedicar parte do noso tempo e recursos a esta iniciativa, coa intención de conservar o noso patrimonio natural e mellorar a calidade de vida da nosa contorna máis próxima.

CONSERVAR CON BASE TÉCNICA E CIENTÍFICA 

Queremos desenvolver un proxecto que achegue unha nova forma de facer as cousas, un cambio na xestión ambiental dos nosos bosques e espazos naturais, onde primen os criterios científico-técnicos. Apostamos pola conservación dos hábitats establecidos e a recuperación e restauración dos destruídos, salvagardando o patrimonio natural que albergan e os servizos ecosistémicos que prestan á sociedade. Queremos divulgar e dar a coñecer os nosos bosques, pois o coñecemento e a posta en valor do noso patrimonio natural, así como o fomento dunha maneira máis responsable de gozar dos nosos espazos naturais, asentan as bases dunha sociedade concienciada, implicada e comprometida.