Quen somos

Somos un grupo de cidadáns e profesionais de distintos ámbitos, amantes da natureza, preocupados polo medio ambiente e conscientes do valor do patrimonio natural de Galicia. Isto impúlsanos a crear ACEFGA no ano 2008, na Coruña, de ámbito galego, cunha clara vocación filantrópica e un marcado perfil técnico.

ASOCIACIÓN POLA CONSERVACIÓN DO ECOSISTEMA FORESTAL GALEGO

ACEFGA é unha entidade privada, independente, sen ánimo de lucro e de carácter ambiental. A nosa razón de ser é a conservación do patrimonio natural de Galicia, centrados fundamentalmente nos bosques e as súas especies asociadas. Ademais, promovemos a investigación, a divulgación científica e a educación ambiental, baixo a premisa de que non podemos valorar nin conservar aquilo que non coñecemos.

Queremos servir de ferramenta para implicar a cidadáns e empresas na conservación da natureza, canalizando o interese da sociedade polo medio ambiente e a Responsabilidade Social Corporativa ou Empresarial (RSC ou RSE) a través do financiamento voluntario e outras vías de colaboración. Xa que non recibimos axudas ou subvencións públicas, financiámonos a través das achegas privadas de particulares e empresas, sen os cales noso labor non sería posible.