Participamos no programa de apadriñamento fluvial Proxecto Ríos. ACEFGA apadriña un tramo de 600 metros do río Mandeo, onde levamos a cabo dúas mostraxes anuais do estado físico-químico e biolóxico da contorna fluvial para determinar a saúde e calidade do ecosistema.
APADRIÑAMENTO FLUVIAL
Tamén exercemos un papel de vixiantes do río, observando calquera incidencia ou afectación que poida producirse. De forma periódica limpamos e retiramos residuos e lixo da zona. Ademais estamos a desenvolver outras actuacións de mellora ambiental paralelas, como o control e a eliminación de flora exótica invasora na zona de dominio público hidráulico.
RESULTADO DA MOSTRAXE NO RÍO MANDEO – OUTONO 2016
1. Calidade hidromorfolóxica
- Calidade do hábitat IHF: 72, Hábitat ben constituído
- Índice de calidade do bosque de ribeira QRISI: Bo
- Caudal: 5,04 m³/s
- Alteracións: Explotacións hidráulicas e lixo
2. Calidade fisico-química
- Temperatura: 12 ºC
- Transparencia: sector 1
- pH: 7
- Nitratos: 5 mg/l
- Osíxeno disolto: 4 mg/l
- Saturación: 37 %
3. Calidad biolóxica
- Índice de macroinvertebrados: Moi bo