Rede Galega de Custodia

ACEFGA é unha das entidades promotoras da Rede Galega de Entidades para a Custodia do Territorio (RGECT), unha iniciativa que pretende servir de representante e nexo de unión para as entidades de custodia de Galicia.

REDE GALEGA DE ENTIDADES PARA A CUSTODIA DO TERRITORIO

A RGECT nace coa intención de fomentar a custodia como ferramenta e estratexia de conservación da natureza, así como dar a coñecer o traballo que as entidades membro están a realizar en Galicia. O seu obxectivo principal é representar ás entidades galegas de custodia ante a sociedade e as Administracións Públicas, ademais de formar aos seus membros e permitir o intercambio de experiencias e coñecementos, coordinando esforzos e traballo para alcanzar os mellores resultados na conservación do patrimonio natural de Galicia.

Integrantes da RGECT:

Asociación Galega de Custodia do Territorio AGCT

Fundación Fragas do Mandeo

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ADEGA

Asociación Quercus Sonora

Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego ACEFGA