A XIV Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego terá lugar o vindeiro día 12 de abril de 2022 en modalidade virtual, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda, para tratar os seguintes puntos:
ORDE DO DÍA
- Benvida pola Xunta Directiva.
- Ratificación da Orde do Día.
- Aprobación, se procede, da acta da XIII Asemblea Xeral Ordinaria.
- Aprobación, se procede, das contas do ano 2021.
- Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2022.
- Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2022.
- Aprobación, se procede, do plan de actividades.
- Rogos e preguntas.
Acceso á reunión (Google Meet)
Na Coruña, a 29 de marzo de 2022.