Ao longo do 2019, continuose co noso labor no proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro, xunto á Asociación Forestal de Galicia e FSC. Unha das accións emprendidas foi a colocación de caixas-refuxio para morcegos, un grupo especialmente diverso e ameazado da nosa fauna autóctona. Instaláronse once caixas feitas con madeira certificada de castiñeiro.
Habilitouse tamén un complexo húmido no que anfibios e outros animais poidan atopar refuxio, alimento e un espazo para completar o ciclo reprodutivo. Estas actuacións complementan a pirámide de madeira ou ‘hotel de insectos’ que xa se construira na zona.
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.