A Asociación celebrará a asemblea anual o 31 de marzo

CONVOCATORIA

XVIII ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente convócaselle á XVIII Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego que terá lugar o vindeiro día 31 de marzo de 2026 en modalidade virtual, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda, para tratar os seguintes puntos:

ORDE DO DÍA

  1. Ratificación da Orde do Día.
  2. Aprobación, se procede, da acta da XVII Asemblea Xeral Ordinaria.
  3. Aprobación, se procede, das contas do ano 2025.
  4. Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2026.
  5. Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2026.
  6. Aprobación, se procede, do plan de actividades.
  7. Rogos e preguntas.

Acceso á reunión

Na Coruña, a 16 de marzo de 2026.