O próximo 12 de setembro, ACEFGA celebrará a reunión anual para abordar aspectos organizativos como é habitual e unha asemblea extraordinaria para elixir a composición dunha nova Xunta Directiva.
Convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria 2020
Resumo de actividades 2019
Convocatoria á Asemblea Xeral Extraordinaria 2020
Pasado o prazo de presentación de candidaturas, habilítase a votación online ata as 23:59 horas do 11 de setembro de 2020 para abrir as asembleas á participación dos socios que conformades ACEFGA. Toda a información permanecerá actualizada neste sitio web.