Nos meses de xaneiro e febreiro, Alejandro Álvarez en nome de ACEFGA participou no obradoiro técnico de certificación forestal e custodia do territorio ao abeiro do proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro. Así mesmo, realizouse unha xornada de carácter práctico con visita ás áreas de conservación. Os asistentes puideron coñecer as actuacións medioambientais planificadas e realizadas no propio monte. Plantáronse seis carballos, sete arces e vexetación palustre (Iris pseudacorus).
No mes de maio fíxose unha visita cos gañadores do concurso “A hora do planeta” para traballadores de Inditex, orixinarios de diferentes países como Grecia, Bulgaria, Taiwán e Portugal.
Xa no mes de decembro, FSC encargou a auditoría ambiental externa do proxecto do Pico Sacro, avaliando a execución das actuacións e os ecosistemas das áreas de conservación. Ademais, plantáronse outras dez árbores.

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.