Seguimos traballando para conservar e restaurar os bosques e a biodiversidade na Zona Especial de Conservación ( ZEC) Betanzos- Mandeo, no corazón da “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Este mércores 23 de marzo, dedicamos unha nova xornada para avanzar nos proxectos de conservación e restauración que levamos a cabo na contorna do río Mandeo.
Procedemos a plantar novas árbores autóctonas para recuperar o bosque de ribeira e a súa zona máis próxima, carballos, avellanos e olmos foron as especies empregadas. Tamén se ha revegetado a beira con especies herbáceas autóctonas para favorecer a súa colonización e asegurar a súa estabilización, ademais de protexer as ribeiras da erosión.
Unha vez máis, continuamos eliminando especies exóticas como hortensias e ligustres, que retiramos das beiras do río para posteriormente colocar plantas herbáceas autóctonas no seu lugar.
En total plantamos máis de 10 árbores, que se suman aos xa plantados nas últimas semanas, elimináronse 400 litros de plantas exóticas e empregáronse 80 plantas de Carex pendula para a estabilización e revegetación das beiras.
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.