Traballos de conservación na ZEC Betanzos-Mandeo

Continuamos traballando para conservar e restaurar os bosques e a biodiversidade na Zona Especial de Conservación (ZEC) Betanzos-Mandeo, no corazón da “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Nas últimas semanas previas ao comezo da primavera, continuamos coa plantación de árbores autóctonas na parcela que estamos a restaurar a beiras do Mandeo. Onde antes só había ladrillo e formigón, a vida recupérase e as árbores dan comezo ao que será un rico hábitat forestal.

restauración (2)

Fresnos, carballos, avellanos, castiñeiros, alisos e olmos son os primeiros en chegar, cultivados no noso viveiro forestal e obtidos de sementes da zona, a estes sumaranse no futuro arces, loureiros e outras especies, que enriquecerán o conxunto e acelerarán a recuperación do bosque e a súa estrutura natural.

Tamén seguimos avanzando no noso proxecto de mellora ambiental da contorna do río Mandeo. Mediante a plantación por estaquillado de salgueiros ( Salix atrocinerea) na beira, buscamos protexer as ribeiras e controlar os procesos erosivos, ademais de reconectar o bosque de ribeira e dar continuidade ao corredor fluvial, que nesta zona atópase fragmentado pola presión antrópica debido á gran afluencia de visitantes.

A recuperación da liña de árbores na beira, diminuirá o piso e a compactación do terreo, axudando a recuperar a vexetación herbácea desaparecida e a protexer as poboacións da especie ameazada Narcissus cyclamineus que aquí se atopan.

DSC_0269 (2)

Queremos agradecer a colaboración da gardería forestal e persoal de medio ambiente @de la Xunta de Galicia que traballa na zona.

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.