Proxecto Mandeo: en marcha…

Hoxe remataron as xornadas teóricas e prácticas de formación do Proxecto Mandeo ás cales asistiron tres membros da Asociación. Nelas informouse de cómo funciona un río, aínda que xa sabemos que é moito máis ca unha canle de auga, debendo concienciarnos da importancia que teñen o bosque de ribeira e o río como ecosistema, non só para a conservación da natureza senón para os nosos propios intereses á hora do uso dos ríos como fonte de recursos, principalmente a auga doce para os noso abastecemento.

Ademais, fomos dotados do material e formación axeitada para realizaren estudios periódicos e análises tanto do estado do río e o bosque en conxunto como da calidade física e química da auga mediante parámetros como a temperatura, a PH, a dureza, o osíxeno disolto, a turbidez, os nitritos ou bioindicadores mediante a mostraxe e identificación dos macroinvertebrados.

Finalizadas estas xornadas de formación, e á espera de concretar uns últimos trámites, comezaremos na nosea tarea de control, conservación e custodia dun tramo do río Mandeo.

Iremos informando coas últimas novidades…

 
 
 

Noticias relacionadas:
 
EuropaPress El Proyecto Mandeo comienza el período de formación de los voluntarios

La Voz de Galicia El Proyecto Mandeo comienza a formar voluntarios que adopten un tramo del río

ABC El Proyecto Mandeo comienza a formar voluntarios que adopten un tramo del río

Dicoruna.es El Proyecto Mandeo comienza el período de formación de los voluntarios interesados en adoptar un tramo del río
 

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.