Primeiro acordo de custodia, recuperando o bosque atlántico

Hoxe damos por pechado o noso primeiro acordo de custodia do territorio, que supón a primeira superficie forestal que pasa a ser xestionada por ACEFGA.

Esta parcela inicia a que será nosa particular rede de reservas, unha iniciativa integrada nun macroproyecto de conservación a longo prazo dos escasos bosques atlánticos que se conservan no Golfo Ártabro e o norte da provincia da Coruña.

DSC_0409-004

Tras unha visita de campo esta mañá para recoñecer o terreo, ACEFGA pecha o seu primeiro acordo de custodia dunha parcela forestal privada. Trátase de algo máis de media hectárea de superficie na conca do río Mandeo.

A parcela estaba ocupada por unha plantación de eucaliptos que foi obxecto de aproveitamento forestal hai uns anos. Na actualidade, a superficie atópase poboada polos rebrotes dos eucaliptos e outras especies exóticas, que dificultan a colonización por parte de especies autóctonas e supoñen un risco para a biodiversidade da zona, poboada por endemismos e especies ameazadas, sensibles á destrución do bosque e a invasión de especies exóticas. ACEFGA levará a cabo un proxecto de restauración ambiental co obxectivo de recuperar o bosque nativo orixinal, eliminaranse os pés de eucalipto remanentes e todas as especies exóticas presentes, posteriormente plantaranse árbores, arbustos e plantas herbáceas autóctonas.

Parte importante do terreo atópase dentro do espazo protexido Zona Especial de Conservación ( ZEC) Betanzos- Mandeo e alberga unha representación do hábitat prioritario dos Directiva Hábitats 91E0* Bosques aluviales de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.