O 23 de maio recibimos a visita dun grupo de 20 estudantes de IV Ciclo do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo era coñecer os terreos custodiados pola Asociación na cunca do Mandeo. Puideron aprender sobre os valores ambientais da zona e ver un exemplo de custodia do territorio promovido por unha entidade privada sen ánimo de lucro como ACEFGA, cuxo propósito específico nesta zona é a restauración de bosque autóctono nas antigas explotacións forestais de eucalipto e o coidado dos bosques de ribeira a través do Proxecto Ríos.
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.