Pola presente convócaselle á IIIª Asemblea Xeral Ordinaria da “Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego” que terá lugar o vindeiro día 20 de abril de 2011 en Rosalía de Castro, portal 1, O Temple (Cambre), ás 9:30h en primeira convocatoria e ás 10:00h en segunda, para tratar os seguintes puntos:
ORDE DO DÍA
- Benvida pola Xunta Directiva.
- Ratificación da Orde do Día.
- Aprobación, se procede, da acta da IIª Asemblea Xeral Ordinaria.
- Aprobación, se procede, das contas do ano 2010.
- Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2011.
- Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2011.
- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o ano 2011.
- Rogos e preguntas.
Queda a disposición dos interesados toda a documentación elaborada (contas do 2010, orzamentos do 2011, plan de actividades, etc.). Esta é accesible mediante solicitude e-mail, teléfono ou correo postal. En calquera caso, a Administración de ACEFGA ten competencia para resolver calquera dúbida.
En A Coruña, a 6 de abril de 2011,
Asdo.:
Jorge Vázquez (Secretario)
VºBº:
Alejandro Álvarez (Presidente)
O DÍA 25, AS DECISIÓNS TOMADAS SERÁN COMUNICADAS AOS SOCIOS MEDIANTE UN BOLETÍN
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.