O punto de encontro para a celebración das Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do ano 2013 convocadas para o día 7 de marzo ás 10 horas en primeira convocatoria será a dirección postal da Asociación, no portal nº1 da rúa Rosalía de Castro, en O Temple, concello de Cambre.
A orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria é:
1. Benvida pola Xunta Directiva.
2. Ratificación da Orde do Día.
3. Aprobación, se procede, da acta da IV Asemblea Xeral Ordinaria.
4. Aprobación, se procede, das contas do ano 2012.
5. Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2013.
6. Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2013.
7. Aprobación, se procede, do plan de actividades para o ano 2013.
8. Rogos e preguntas.
A orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria é:
1.- Benvida pola Xunta Directiva.
2.- Ratificación da Orde do Día.
3.- Aprobación da acta da II Asemblea Xeral Extraordinaria.
4.- Presentación das candidaturas aprobadas pola Xunta Directiva.
5.- Renuncia da actual Xunta Directiva.
6.- Eleccións á Xunta Directiva.
6.1.- Constitución da mesa electoral.
6.2.- Votación.
6.3.- Comunicación dos resultados.
7.- Revisión de obxectivos da Asociación nos Estatutos.
8.- Constitución da Comisión representante no Rexistro.
9.- Rogos e preguntas.
ACEFGA
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.