Como ocorre a miúdo, tamén para nós a financiación é a nosa maior limitación. En ACEFGA tentamos facer o máximo que está nas nosas mans, e a adquisición de terras é o mellor xeito de protexer os bosques. Pero non só iso, tamén para financiar todas as nosas actividades é moi importante a colaboración. Precisamos de socios e doazóns.

Todos, a sociedade no seu conxunto, temos o dereito e a obriga moral de participar na conservación do noso patrimonio natural, que nos pertence. E o máis importante: necesitamos deste patrimonio natural para sobrevivir como sociedade humana. Pois do equilibrio natural da biosfera depende a supervivencia da vida na Terra e, para iso, temos que convivir co resto dos ecosistemas que cobren gran parte da codia terrestre formando unha rede complexa que regula o ciclo de nutrintes, da auga, e mesmo o clima global.

Pero o xeito máis eficaz para acadar estes retos globais é a través da acción local, cada comunidade, cada grupo de persoas, no seu pequeno pobo, parroquia, etc., ten que pór da súa parte, a súa pequena aportación. Nós, dende ACEFGA, poñemos a nosa e ofrecemos, a todo o que queira, a posibilidade de pór tamén o seu gran de area.

Se queres ser parte da solución, só tes que FACERTE SOCIO ou realizar unha doazón na seguinte conta:

 

NOVAGALICIA BANCO

Código conta corrente: 2080 5184 65 3040010408

 

ASOCIACIÓN POLA CONSERVACIÓN DO ECOSISTEMA FORESTAL GALEGO - G70192984

ASOCIACIÓN
ACCIÓN
NATUREZA
MULTIMEDIA
COLABORACIÓN

 

Faite socio
Formulario (galego)
Formulario (castelán)

     
     
     
   
ASOCIACIÓN POLA CONSERVACIÓN DO ECOSISTEMA FORESTAL GALEGO © 2012