Celebradas as asembleas xerais

Hoxe, 7 de marzo, tal e como estaba previsto celebráronse a V Asemblea Xeral Ordinaria e a III Asemblea Xeral Extraordinaria, ambas na súa segunda convocatoria.

Co fin de informar aos nosos socios, comunicamos o mantemento das cotas sociais: 10 € de entrada e 1€ ao mes. Aprobáronse tamén as contas do pasado ano, así como os orzamentos e o plan de actividades para o 2013.

A partires deste momento, froito da elección convocada para hoxe, a nova directiva pasa a estar composta por: D. Alejandro Álvarez, Presidente; D. Jorge Vázquez, Secretario; Dª. Laura Santos, Tesoureira. Na mesma xuntanza acordouse a modificación dos estatutos da asociación co fin de definir con maior precisión e claridade os obxectivos da entidade.

Recibide un cordial saúdo,

A Xunta Directiva

Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.