Convocatoria de asembleas e eleccións

O próximo 12 de setembro, ACEFGA celebrará a reunión anual para abordar aspectos organizativos como é habitual e unha asemblea extraordinaria para elixir a composición dunha nova Xunta Directiva. Convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria 2020Resumo de actividades 2019 Convocatoria á Asemblea Xeral Extraordinaria 2020 Pasado o prazo de presentación de candidaturas, habilítase a votación online … [ + ]

Instálanse refuxios para morcegos e habilítanse charcas no Pico Sacro

Ao longo do 2019, continuose co noso labor no proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro, xunto á Asociación Forestal de Galicia e FSC. Unha das accións emprendidas foi a colocación de caixas-refuxio para morcegos, un grupo especialmente diverso e ameazado da nosa fauna autóctona. Instaláronse once caixas feitas con madeira certificada de castiñeiro. Habilitouse tamén … [ + ]

Xornadas de formación técnica e visitas no Monte Demostrativo do Pico Sacro

Nos meses de xaneiro e febreiro, Alejandro Álvarez en nome de ACEFGA participou no obradoiro técnico de certificación forestal e custodia do territorio ao abeiro do proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro. Así mesmo, realizouse unha xornada de carácter práctico con visita ás áreas de conservación. Os asistentes puideron coñecer as actuacións medioambientais planificadas … [ + ]

Acordo de custodia en terreos de produción de madeira certificada en Trabada

No mes de febreiro de 2019 asinouse un novo acordo de custodia para a xestión das zonas de alto valor ecolóxico e hábitats orixinais nas fincas certificadas FSC no concello de Trabada, Lugo. Nestes terreos, búscase o aproveitamento sostible dos recursos forestais conservando a biodiversidade nas denominadas ‘áreas de conservación’. A extensión custodiada acada unha … [ + ]