No mes de febreiro de 2019 asinouse un novo acordo de custodia para a xestión das zonas de alto valor ecolóxico e hábitats orixinais nas fincas certificadas FSC no concello de Trabada, Lugo. Nestes terreos, búscase o aproveitamento sostible dos recursos forestais conservando a biodiversidade nas denominadas ‘áreas de conservación’.
A extensión custodiada acada unha superficie total de 1,613 hectáreas, a partir da unión de seis parcelas ubicadas nas ribeiras do Rego de Trabada. Integra un dos hábitats prioritarios da Directiva Hábitats 92/43/CEE, concretamente, o 91E0 ‘bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior‘.
Comentarios cerrados, trackbacks y pingbacks abiertos.