A reunión anual celebrarase o 23 de abril

A XIII Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego terá lugar o vindeiro día 23 de abril de 2021 en modalidade virtual, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda, para tratar os seguintes puntos:

ORDE DO DÍA

  1. Benvida pola Xunta Directiva.
  2. Ratificación da Orde do Día.
  3. Aprobación, se procede, da acta da XII Asemblea Xeral Ordinaria.
  4. Aprobación, se procede, das contas do ano 2020.
  5. Aprobación, se procede, das cotas sociais para o ano 2021.
  6. Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2021.
  7. Aprobación, se procede, do plan de actividades.
  8. Rogos e preguntas.

Na Coruña, a 8 de abril de 2021.